Camiño abandona o Céltiga ao non dar compatibilizado traballo e fútbol

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

O conxunto illense ve agravado o seu problema co gol coa marcha do mediapunta vilagarcián

20 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Céltiga ten un novo atranco na súa pelexa de fondo por conservar a súa actual praza na Terceira a vindeira tempada. Adrián Camiño, unha das súa fichaxes estrela o pasado verán, vén de deixar o plantel illense tras comprobar as dúas partes, mediapunta e club, a súa imposibilidade para compaxinar a práctica do fútbol, cos adestramentos que leva aparellados nunha categoría como a Terceira, co traballo nunha conserveira no que comezou hai dúas semanas.

O adestrador do Céltiga, Manolo Núñez, salientaba onte que a baixa de Camiño supón un duro golpe para un equipo sen gol, que atopara no vilagarcián un futbolista quen de marcar nos seus tres últimos partidos coa camisola branca e vermella, e que elevaba o nivel do grupo e a súa calidade ofensiva. Un problema en paralelo á recaída de Rubén, chamado a ser o dianteiro centro de referencia do Céltiga na pelexa final pola permanencia, da lesión muscular coa que chegou o 31 de xaneiro.