O Vilagarcía Cocinas Bulthaup consolídase en praza europea

O cadro arousán derrotou 2-4 o A.D. Vincios en Gondomar


vilagarcía / la voz

O Vilagarcía Cocinas Bulthaup afianzaba na noite do venres a súa condición de equipo revelación da Superdivisión 2017/18, e a súa praza en postos de competición europea a vindeira tempada, sexto agora cos mesmos 14 puntos co seu anfitrión na duodécima xornada de Liga, o A.D. Vincios.

O conxunto arousán devolveulle en Gondomar o 2-4 da primeira volta no pavillón da rúa Castelao de Vilagarcía, nun longo partido de máis de tres horas e media. En boa medida, polo duelo a cara de can entre o luso Diego Miguel Martins e o checo do Cocinas Bulthaup, Michal Obeslo. Nada menos ca 65 minutos, o dobre do habitual nun choque da máxima categoría de tenis de mesa, estiveron pelexando ambos polo primeiro punto da noite, que Obeslo se levou no quinto xogo cun 11-13, logo de darlle a volta a un 7-2 inicial.

Jean Lauric puxo o 0-2 no global superando 1-3 a Martín Pintos, Ramón Mampel perdeu 3-0 co ucraíno Ievgen Pryshchepa, Lauric superou 0-3 a Martins, Pryshchepa 3-1 a Obeslo, e Mampel acabaría desnivelando a balanza cun 1-3 sobre Pintos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Vilagarcía Cocinas Bulthaup consolídase en praza europea