O Vilagarcía T.M. é inda máis europeo tras o fallo de Competición

Tenis de Mesa O club recibe os 2 puntos da incomparecencia do San Sebastián de los Reyes, e pecha unha «espectacular» histórica primeira volta na Superdivisión


vilagarcía / la voz

Non por menos agardado deixa de causar a lóxica satisfacción. O Vilagarcía Cocinas Bulthaup recibía onte a notificación do Comité de Competición da Superdivisión de tenis de mesa do seu fallo respecto ao partido que o cadro arousán debería ter disputado o pasado 17 de decembro no pavillón da rúa Castelao, e que o árbitro do encontro decidíu suspender de raíz visto que o San Sebastián de los Reyes se presentaba con tan só dous xogadores, polos tres mínimos regulamentarios. Competición concédelle os 2 puntos en disputa ao Cocinas Bulthap, ao tempo que sanciona con menos 2 puntos o seu rival. Unha decisión que reforza o retorno do cadro arousán á sexta praza, a última con dereito a disputar a vindeira tempada a segunda competición europea, a ETTU Cup. Un posto que viña ocupando desde había varias semanas ata a interrupción pola incomparecencia formal do San Sebastián de los Reyes, que mantivo pendente o resultado e marcador do encontro. Cun 4-0 e cadanseu 3-0 recollidos agora na clasificación oficial.

Sexto como dicimos na táboa, o Vilagarcía Cocinas Bulthaup pecha a súa primeira media tempada como equipo de Superdivisión cun balance «espectacular». Esa é a opinión do seu adestrador, Antonio Castro, e calquera observador externo pode subscribila. Porque resulta extremadamente complicado que un equipo, e máis se se trata dun modesto como o herdeiro da antiga sección de tenis de mesa do Liceo Casino, chegue ao ecuador da Liga cun balance positivo de seis triunfos e de cinco derrotas na súa primeira experiencia na máxima categoría española. E iso, cando «seis victorias era el objetivo para toda la temporada», lembra Castro, que no arrinque da competición falaba de doce puntos como táboa de salvación.

Catro son as claves dadas desde o Vilagarcía Cocinas Bulthaup para explicar a súa campaña ata o momento. «En los partidos en los que nos jugamos la clasificación no perdimos uno», di Castro; «jugamos muy bien», consecuencia de que «tuvimos éxito en los fichajes, hubo una buena selección de jugadores». Principalmente coa contratación do checo Michal Obeslo, gañador dos seus catro enfrontamentos co cadro galego, e do belga Jean Karim Lauric, que se impuxo en cinco dos seis que xogou, perdendo tan só un ao ter que retirarse lesionado. Un plus ao labor do luso Jorge Daniel Teixeira Costa (1 partido gañado e 5 perdidos), o arxentino Andrés Guillermo Correa (4-4), e os compañeiros deste último no ascenso á Superdivisión Ramón Mampel (6-5) e un Sergei Nigeruk que cada vez se acerca máis a esa versión que fixera del un xogador de renome tres lustros atrás (7 triunfos por 12 derrotas).

Antonio Castro engade que «nos acompañó un poco de suerte en partidos clave; claro que la suerte hay que buscarla».

Sobre a praza europea na que leva semanas instalado o Cocinas Bulthaup, o seu técnico afirma que «no quiero darle muchas vueltas. A mí me suena a muy lejano. Ya me preocupará en su momento si llega» o premio real.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Vilagarcía T.M. é inda máis europeo tras o fallo de Competición