Raquel Meaños dobrará no 800 e no 4x400 da Copa de Clubs Sub-20

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

A vilagarciá Raquel Meaños Asensi debuta hoxe como deportista do Valencia Esports

20 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A vilagarciá Raquel Meaños Asensi debuta hoxe como deportista do Valencia Esports, o club de atletismo feminino máis laureado da historia en España, e un dos xigantes a nivel europeo. Faino co seu plantel Sub-20, na Copa de España de Clubs en Pista Cuberta da categoría de formación, que ao longo da xornada de hoxe se disputa na localidade malagueña de Antequera con finais directas e un deportista por cada un dos oito clubs participantes.

Nun principio Meaños ía correr tan só na súa especialidade, os 800 metros, nos que vén de proclamarse campioa galega absoluta en pista cuberta cun crono de 2.13.09. O mellor crono con diferenza das oito inscritas na carreira do 800 feminino na Copa de España de Clubs Sub-20. Finalmente, a arousá dobrará no 4x400, no que formará equipo con Sandra Ferriz, con Carmen Marín e con María González. Esta última, dobrando no triple salto.