O Vilagarcía Cocinas Bulthaup roza o empate na cancha do Irún

O cadro arousán encaixou un enganoso 4-1 final


vilagarcía / la voz

Como en calquera deporte, o resultado final pode ofrecer unha imaxe distorsionada da realidade dun partido de tenis de mesa. Sucedeu o domingo na cancha do potente Irún Leka Enea coa vitoria do cadro vasco por 4-1 sobre o Vilagarcía Cocinas Bulthaup. Porque se ben o equipo arousán non tivo opcións reais de gañar, estivo moi preto do empate, comenta o seu técnico, Antonio Castro.

Sen os seus xogadores franquicia, o checo Obeslo e o belga Lauric, o Vilagarcía Cocinas Bulthaup atopouse nada máis chegar á cancha do Irún Leka Enea coa sorpresa de ver o seu anfitrión tirar do sueco Hampus Ke Hannes, para Castro «uno de los mejores jugadores de la Liga, que solo había jugado dos partidos antes, ganándolo todo». Cun 3-0 (11-4/11/6/11/9) superaba o luso Jorge Daniel Teixeira no primeiro emparellamento. Endika Díez facía o propio no segundo fronte a Sergei Nigeruk (11-6/11/7/11/8). E no terceiro producíuse o primeiro dos desenlaces axustados que ben puideron ter cambiado o conto de sorrirlle a sorte a Andrés Guillermo Correa, con dous 9-7 ao seu favor finalmente cedidos ante Jaime Vidal no 3-0 co que rematou o seu duelo (11-9/11-7/11-9).

O Vilagarcía T.M. xa só podía aspirar a tentar arrincar un punto do seu longo desprazamento a Irún. E o seu trío de xogadores pelexouno ata o final. Con Sergei Nigeruk sorprendendo cunha brillante actuación a Ke Hannes en cinco sets: 11-8/7-11/11-4/8-11/9-11. Co 3-1 Jorge Daniel Teixeira a piques estivo de levar o choque á sexta rolda, perdendo 14-12 no último set con Jaime Vidal logo de ceder o primeiro e o terceiro 11-5 e 11-4, e de impoñerse nos pares 7-11.

Pendente de coñecer o fallo do Comité de Competición da Superdivisión respecto á suspensión do partido co San Sebastián de los Reyes pola comparecencia do cadro madrileño con só dous xogadores na capital arousá, o Vilagarcía Cocinas Bulthaup é oitavo na clasificación -de doce equipos- con 8 puntos a falta da derradeira xornada da primeira volta, que este domingo, no pavillón municipal da rúa Castelao (11 horas), o enfrontará ao equipo que o precede na clasificación. O C.E.R. L’Escala, con 10 puntos e un partido máis xogado.

O Cambados séguese a desangrar, caendo en Torrelavega

O Cambados T.M. desprazouse a pasada fin de semana ás canchas do E.T.M. Torrelavega e do Irún Leka Enea B. Dous compromisos de moi diferente esixencia sobre o papel. E sorprendentemente, o equipo arousán volveu cunha derrota de onde menos se sospeitaba. Cun E.T.M. Torrelavega en zona de perigo, que o sábado sumou o seu terceiro triunfo da tempada en dez encontros cun aplastante 5-1. O domingo o Cambados T.M. descargou a súa frustración sobre o filial do Irún, 0-6.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Vilagarcía Cocinas Bulthaup roza o empate na cancha do Irún