O Vilagarcía T.M., pendente do Comité de Competición ante a incomparecencia do seu rival

O equipo arousán dá por feito que se lle concederá o triunfo e, con el, pechar un ano máxico en postos de competición europea


vilagarcía / la voz

Agardaban no Vilagarcía Cocinas Bulthaup con ansia o partido que na mañá do pasado domingo debía ter disputado fronte ao San Sebastián de los Reyes. Pola categoría do rival, cuarto na clasificación. Por estar en disposición de atrapalo na táboa de asinar a vitoria. E por tratarse do derradeiro encontro de Liga nun 2017 que dará paso ao primeiro Nadal da antiga sección de tenis de mesa do Liceo entre a elite da Superdivisión española. Pero o San Sebastián de los Reyes non compareceu. A lo menos, non como debera para que o colexiado do encontro permitise a súa disputa. E é que o cadro madrileño só se presentou con dous xogadores, Carlos Caballero e o tailandés Tanviriyavechakul, procedentes ambos de Suecia, onde tambén compiten. O seu compañeiro Kalachevskyi non colleu o seu voo desde Ucraína, onde reside, e a normativa obriga a que os equipos da Superdivisión aliñeen tres xogadores.

O presidente e adestrador do Vilagarcía Tenis de Mesa, Antonio Castro, explicaba onte que «le pedí al árbitro que les dejara jugar. Nosotros queríamos ganar en la mesa». O colexiado non o permitíu, e agora será o Comité de Competición da Superdivisión o que dictamine como queda o asunto.

Castro entende que «nos darán los puntos», co que o Vilagarcía T.M. pecharía o ano quinto na zona de competición europea na que leva instalado as últimas semanas. O arousán non comprende como un club como o San Sebastián de los Reyes non mandara a un terceiro xogador desde Madrid sabendo con suficiente antelación do problema co seu ucraíno.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Vilagarcía T.M., pendente do Comité de Competición ante a incomparecencia do seu rival