Dúas pratas e dous bronces do Olimpic no Nacional

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

O equipo vilagarcián pecha un 2017 celebrado polo seu adestrador

13 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Catro medallas é a sobresaínte colleita do ximnasio Olimpic de Vilagarcía no Campionato de España de Clubs de combate, de técnica e de exhibición disputado a pasada fin de semana en Marina D’Or, Castellón. Unha cita que reuníu a máis de 2.000 taekuondistas.

Nos cadros individuais de técnica, o Olimpic volveu coas pratas das irmás Sara e Mar Fernández Canosa, a primeira en categoría alevín feminina e a segunda en infantil. Aroa Gutiérrez Vidal, pola súa banda, colgouse o bronce en benxamín feminino. Antía Millán, Carlota López, Cristina Pintos, Marcos Mera e Jaime dos Reis completaron a participación do Olimpic.

En exhibición, o ximnasio vilagarcián presentouse en Castellón con dous equipos. O cadete completou a súa actuación quinto. Carlota López, Mar Fernández, Cristina Pintos, Antía Millán, Jaime dos Reis, Marcos Mera, Manuel Rodríguez e Rodrigo López foron os seus integrantes.

Mellor lle foron as cousas aos equipo absoluto do Olimpic, bronce no Campionato de España. Gabriel Moral, Óscar Aragunde, David Alonso, David Fresco, Jónathan Nogueira, Silvia Mosquera, Juan Luis Millán, Pedro Redondo e Adrián Meaños foron os deportistas que subiron ao podio. Miguel Cuevas, o seu adestrador, salientaba onte «el gran trabajo realizado» polos seus pupilos no 2107.