Ravella abre o prazo para a ludoteca das vacacións

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O programa desenvolverase no colexio da Escardia

21 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A concellería de Xuventude abre hoxe o prazo de inscrición no campamento urbano de Nadal para nenos de tres a sete anos. O departamento que dirixe Sonia Outón oferta trinta prazas gratuítas para esta nova andaina do programa municipal de conciliación familiar que coincidirá coas vacacións dos pequenos. Os formularios poden recollerse nas dependencias da concellería ou imprimirse dende a web municipal. No caso de que a demanda supere a capacidade da ludoteca, as prazas se adxudicarán en concurso público. A iniciativa terá lugar no colexio da Escardia, entre os días 22 de decembro e 5 de xaneiro. As actividades inclúen obradoiros creativos, contacontos, saídas didácticas, xogos e inglés, con especial atención á historia de Vilagarcía.

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro • Horario de mañá • Gratuíto • Colexio da Escardia • O prazo de inscrición para as trinta prazas comeza hoxe •