O alcalde, sorprendido pola súa elección coma padriño do EncestaRías

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

A organización aproveitou a presentación oficial do torneo ACB para desvelarlle a nova ao rexedor, obsequiado ademais cunha camisola do Joventut polo director técnico do club catalán

13 sep 2017 . Actualizado a las 20:18 h.

A Asociación EncestaRías fixo esta mañá a presentación oficial do seu torneo ACB no consistorio de Vilagarcía. Co alcalde, Alberto Varela, sorprendido polo anuncio de ser o novo padriño dunha cita pola que acababa de eloxiar a organización. Parabéns aos que se sumou o director técnico do Joventut, Jordi Martí, presente no acto, e que agasallou o rexedor cunha camisola da nova equipación do conxunto de Badalona.