O Vilagarcía T.M. ficha a Jean Lauric, internacional belga e bicampión do seu país

O conxunto arousán conta con cinco xogadores para a súa estrea na Superdivisión, e recibe o visto bo da Fundación de Deportes para disputar os seus partidos na máxima categoría no pavillón da rúa Castelao


vilagarcía / la voz

O Vilagarcía T.M. pechou onte a fichaxe de quen debe completar un plantel de garantías para acadar a permanencia ao final da que será a primeira tempada do conxunto arousán na máxima categoría do tenis de mesa español, a Superdivisión. O belga Jean Lauric chegou a un acordo co equipo para disputar 9 dos 22 partidos da liga, con posibilidade de ampliar o número de ser preciso, informa o adestrador vilagarcián.

Antonio Castro explica de que Jean Lauric, de 25 anos, conta no seu currículo con dous títulos de campión de Bélxica, país co que é internacional. Foi ademais, engade, número 1 do ránking da Bundesliga 2 de Alemania 2015/16, na que militou parte da tempada pasada, xogando o resto na máxima categoría belga. «Yo creo que es el mejor jugador de Bélgica», sostén Castro.

Con Lauric, e despois de pechar un par de semanas atrás a contratación do checo Michael Obeslo, xogador que viña evolucionando na Superliga de Suecia, para 4 partidos con posibilidade de ampliación, no Vilagarcía T.M. confían en contar cos mimbres precisos para eludir as prazas de descenso. «Con Obeslo y Lauric tenemos un número 1» para algo máis da metade da tempada, comenta Antonio Castro, nun plantel no que continúan os tres homes fortes que acadaron o ascenso, Sergii Nigeruk, Andrés Correa e Ramón Mampel.

 

O equipo xogará no Castelao

Entre as boas novas recentes no Vilagarcía T.M. está a da concesión por parte da Fundación de Deportes local do pavillón da rúa Castelao para os seus partidos de Superdivisión.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Vilagarcía T.M. ficha a Jean Lauric, internacional belga e bicampión do seu país