O Arousa pide o tránsfer do mediapunta letón Camkins

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Mónica Irago

Otero salienta del que «é un xogador novo -Sub-23- con proxección, con bo manexo do balón e tecnicamente moi bo, define moi ben, e sabe xogar tanto de costas como nos espazos»

18 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A comisión deportiva do Arousa confía en ter pechado o segundo plantel da era Jorge Otero antes de concluír a presente semana. Unha semana que arrincou onte co primeiro plantel adestrando no Manuel Jiménez, coa incorporación do mediapunta letón Vsevolods Camkins (20/XII/1994, 186 centímetros). Un talentoso xogador que o pasado abril se adestrou durante unha semana baixo as ordes de Jorge Otero a modo de proba. Daquela convenceu o adestrador, e o club acordou con el xa a súa fichaxe para a vindeira tempada.

O futbolista comprometera o seu regreso a Vilagarcía o 15 de xullo. E o pasado sábado cumpría coa súa palabra, logo de que no seo do club comezaran as dúbidas ao non dar contactado co báltico desde a súa marcha da capital vilagarciá, na que se presentara por mediación dun antigo compatriota excolaborador do club arlequinado.

Á espera de que o Arousa reciba o tránsfer solicitado de Letonia, onde Camkins xogou o ano pasado fugazmente na Primeira División no RFS, Otero salienta del que «é un xogador novo -Sub-23- con proxección, con bo manexo do balón e tecnicamente moi bo, define moi ben, e sabe xogar tanto de costas como nos espazos».