Música en galego para parar un tren nocturno en Vilagarcía

VILAGARCÍA DE AROUSA

CEDIDA

"A noite das músicas galegas" terá lugar a víspera do Día das Letras Galegas

13 may 2017 . Actualizado a las 13:02 h.

A idea non pode ser máis redonda. Se es dos que mete o fociño nos bares, pafetos e tugurios de todo o país, é moi probable que escoites música nos máis variados idiomas. Probablemente non lle fagas moito caso ao asunto, pero se reparas nun pequeno detalle apreciarás o aquelado desta aventura: moi poucos dos pinchas que poñen banda sonora a tanta noite en Galicia fano con grupos que se expresen en galego. Este recuncho do planeta está a experimentar un verdadeiro estoupido musical, moi por riba do lendario Bravú dos 90. A idea é a seguinte: pinchar toda a noite música en galego. Temazos de máis de sesenta bandas (de todo, dende Zënzar a Eladio y los Seres Queridos, Raiba, Ezetaerre, Doen, Galegoz, Diplomáticos, Resentidos, Banda Crebinsky ou Astarot). Carlos Crespo e a Duendenetadillei pilotan o invento. En La Bolsa, na véspera do Día das Letras.