Pedro Muñoz, Jéssica Bouzas, Suárez, Jordi Aragonés e Gustavo Veloso optan a Deportista do 2016

O nome do gañador daráse a coñecer o día 26


vilagarcía / la voz

O xurado do Premio ao Mellor Deportista Local 2016 de Vilagarcía vén de decidir os nomes dos cinco finalistas ao galardón, e a identidade das seis persoas e do evento deportivo que recibirán candansúa mención especial. Coa gala do vindeiro día 26, no Salón García, como escenario para o fallo do gran galardón e a súa entrega tras a das sete mencións especiais.

Os aspirantes ao Premio ao Mellor Deportista Local 2016 son Pedro Muñoz, bicampión mundial de Kenpo, Julio Suárez, tricampión de España de xadrez, Jordi Aragonés, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro coa selección española absoluta de baloncesto feminino, Jéssica Bouzas, campioa de España de dobres e internacional coa selección española nos dous Europeos Sub-14 de tenis, e Gustavo César Veloso, segundo na xeral da Volta a Portugal e gañador de tres etapas. Todos, resultados do ano pasado.

Estes son os distinguidos coas mencións especiais: Tuco Renda (directivo), Alberto Blanco (adestrador), José Luis Queiruga (traxectoria deportiva), Ramiro Carregal (colaboración co deporte), Diego Alcaine (medios de comunicación), Maratón Urbano Especial Olimpics (evento deportivo), e o equipo promesa do C.R. Vilaxoán (deporte base).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Pedro Muñoz, Jéssica Bouzas, Suárez, Jordi Aragonés e Gustavo Veloso optan a Deportista do 2016