Vitoria do Sigaltec e terceira derrota do Meco Rafonca

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

O equipo vilagarcián corta unha serie de catro partidos perdidos

30 nov 2016 . Actualizado a las 05:05 h.

O Sigaltec puxo fin a pasada fin de semana á serie de catro derrotas que o mandou á zona baixa da clasificación do Grupo Sur da Primeira Autonómica. Cun contundente 83-60 sobre o pechacancelas do campionato, o Viña do Campo Ribadavia. Un rival que se agarrou ao choque ata que no derradeiro cuarto os homes de Diego Doval remataron de despegarse no marcador.

O alto ritmo de xogo do cadro arousán resultou determinante par ir sempre por diante no electrónico. Só o poderío anotador do visitante Veras, con 32 puntos ao termo do choque, e unha defensa en zona mantiveron o choque do máis vivo ata o terceiro cuarto (56-47).

A cruz púxoa o Meco Rafonca, que comeza a notar a súa falta de rotacións por mor das numerosas lesións que arrastra o plantel de Manu Bello. A pasada fin de semana, caendo 71-51 ante o Bosco Ourense. Pese a elas, o cadro grovense dominou o primeiro cuarto, 17-19, manténdose no choque ata o descanso (31-29).