Vilagarcía pon punto e final ao Circuito de Promoción

O Open McDonalds reunirá mañá sábado a arredor de 200 xadrecistas no Auditorio Municipal de Vilagarcía


vilagarcía / la voz

Arredor de 200 xogadores de xadrez prevé a organización, a cargo do C.X. Fontecarmoa, na derradeira proba do Circuito Galego de Promoción programada mañá sábado no Auditorio Municipal de Vilagarcía. Unha décima edición do Open McDonalds que ademais da proba de categorías base conta cun cadro sénior. En todo caso, con ambas as dúas probas compartindo formato e horarios. Con sete roldas con inicio ás 11 horas, parada para comer de 14 a 16, e última serie de partidas a partir das sete da tarde para proceder unha hora despois á entrega de trofeos.

No Circuito Galego de Promoción todos os títulos están atados e ben atados. Con dous xogadores vilagarciáns coma protagonistas. Paula Suárez, campioa feminina Sub-10, e Andrés Rodríguez, o mesmo, pero no cadro xeral Sub-12. O Open McDonalds pon tamén o punto e final á tempada 2016.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Vilagarcía pon punto e final ao Circuito de Promoción