«En Vilagarcía gañamos as eleccións case de carambola; hai que traballar para consolidalo»

Serxio González Souto
serxio gonzález VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Veterano sindicalista, o peor momento que lembra Faustino foi o 23-F: «Levei as fichas da UGT para a casa»

06 may 2021 . Actualizado a las 18:41 h.

Aínda que asegura non ser amigo de homenaxes, e sostén que na agrupación hai compañeiros seus que merecen tanto coma el esta distinción, o PSOE de Vilagarcía nomea militante de honra a Faustino Laya Torreiro (Melide, 1939), hoxe, ao longo do seu xantar do 1 de Maio.

-Sendo de Melide, ¿como é que deu en Vilagarcía?

-Os meu pai veu traballar aquí e atrás del vimos todos. Eu tiña sete anos. E se me considero dalgún lugar, é de Vilagarcía.

-¿Sempre en Trabanca-Badiña?

-Sempre.

-Preside, ademais, a asociación de veciños dende hai anos.

-De momento. Pero todas as cousas requiren cambios e formas de actuar distintas. Veñen ideas novas que a min pódenme parecer parvadas e logo non o son tanto. Mentres me aguanten botarei unha man. E cando me digan para a casa, para a casa. Hai que saber deixalo.

-¿Dende cando milita no PSOE?

-Non lembro a data exacta, pero hai máis de vinte anos. Xa repartín con Gago. Pero de onde eu veño é do sindicalismo.

-Da UGT.

-Da UGT. Fun afiliado, secretario xeral, membro das executivas durante moitos anos... En realidade son sindicalista.

-¿Cal foi o mellor momento que lembra en tanto tempo?

-Houbo moi bos momentos no sindicato, pero non che diría un porque tería que citar os outros. O peor si que o teño claro.

-¿Cal foi, logo?

-Cando o golpe de Estado. Estaba botando uns viños, cuns compañeiros, cando saltou a noticia. Fun á sede de UGT, collín un bulsón, metín as fichas dos afiliados e tróuxenas para a casa. O socialismo vénme de familia. O meu pai xa o respiraba. E, claro, lembraba moi ben o que comentaban na casa sobre o que pasara cando a guerra. Tívenas aquí un tempo, moi ben gardadas para que non as atopasen, ata que a cousa se foi estabilizando.

-¿Como ve a situación política coa repetición as eleccións?

-Non o vexo nada claro. Non se ve con claridade ese líder rotundo. Sánchez é un bo, pero son momentos para demostrar garra.

-¿E en Vilagarcía?

-Alberto está facéndoo ben na alcaldía. Pero gañamos as eleccións case de carambola e hai que traballar para consolidalo.

faustino laya o psoe noméao hoxe militante de honra