Chega a Vilagarcía o mellor espectáculo teatral galego do 2015

II Maquinario presenta «Perplexo» en el auditorio 


Sábado 20?? Auditorio????Non o dicimos nós. Dixérono os premios María Casares. Cinco recaeron o ano pasado nesta montaxe de Il Maquinario Teatro. Entre eles, o de mellor espectáculo e o de mellor dirección para Tito Asorey

Il Maquinario representa, quizá mellor que ninguén, a esa nova xeración de compañías teatrais que están a renovar, e de que xeito, a escea galega. Tanto os actores como o director proveñen da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e con tan só dúas montaxes -O home almofada e este Preplexo- consolidáronse como o principal e máis refrescante referencia do teatro galego. Dentro e fóra. Porque se algo está chamando a atención do que está a acontecer con Il Maquinario é a aceptación que está a ter no resto do Estado.

Pregúntolle a Tito Asorey que dicimos para levar á xente ao teatro á Vilagarcía. «Home, pois que é unha comedia enormemente divertida, sorprendente e dinámica, que entronca co humor absurdo ao estilo de Woody Allen ou os Monty Python», dime.

E engade, «é unha comedia que busca reflectir a vertixe do mundo actual, as dificultades para atopar unha identidade propia entre tanta sobreinformación, que pon en dúbida todo o que antes dabamos por seguro». Pois dito queda.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Chega a Vilagarcía o mellor espectáculo teatral galego do 2015