A Xunta deixa sen exame aos alumnos do único curso de galego Celga 2 da provincia

As clases, que se iniciaron hai mes e medio, rematan o mércores

la voz

O Celga é o certificado oficial que a Secretaría Xeral de Política Lingüística expide para acreditar o coñecemento da lingua galega en catro niveis crecentes. Cada ano, o departamento autonómico acostumaba a celebrar dúas convocatorias de exame e organizaba unha serie de cursiños preparatorios. Nesta ocasión, tanto o número de probas, unha soa, coma o de horas de clase víronse reducidos. Pero non rematan aí os problemas, posto que os alumnos do único seminario de Celga 2 que se está a desenvolver en toda a provincia de Pontevedra, no instituto Armando Cotarelo Valledor de Vilaxoán, marcharán á casa sen saber cando poderán examinarse e obter o título.

«Xa todo se fixo dun xeito estraño, posto que a celebración dos cursos non tivo case publicidade -subliñaba onte unha das alumnas- pero é que agora non sabemos nin sequera cando poderemos obter o certificado». As clases, impartidas dende hai aproximadamente mes e medio, a razón de dúas horas diarias de luns a venres, rematarán o mércores. O normal sería que os exames non se demorasen máis aló de dúas ou tres semanas. «O único que nos din dende a Xunta é que de momento nada, e que pensemos que as probas non se celebrarán ata abril ou maio, como mínimo», indica outro alumno.

Para casa sen título

O curso comezou con catorce persoas matriculadas, pero co paso do tempo son dez quen seguen as leccións. Proceden de Vilagarcía, pero tamén de Caldas, Portas e mesmo de Pontevedra. Trátase de adultos, xente que na súa meirande parte debe compaxinar as horas de formación co seu traballo. Un deles mesmo percorre Europa cun camión. Rematar as clases, razoan os afectados, e deixar que transcorran varios meses ata o momento de pasar o exame constitúe un auténtico absurdo e unha invitación ao suspenso.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta deixa sen exame aos alumnos do único curso de galego Celga 2 da provincia