Fortuna San Martín, outra obra coral do pobo de Vilaxoán

vilagarcía / la voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

O club vilaxoanés abríuse a futbolistas do resto da comarca.
O club vilaxoanés abríuse a futbolistas do resto da comarca. m. < / span>ferreirós< / span>

Os veciños fan brincadeiras coa camisola dun equipo que loce o nome de Carril, e que nos últimos anos se abríu ó resto da comarca

03 dic 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

No ano 2008 Vilaxoán sumábase ao bum da Asociación de Futbolistas Veteráns de Pontevedra. Con Capi á fronte, un grupo de ex xogadores do San Martín forxados da canteira do club decidiron montar un equipo para sumarse ao colectivo provincial e saír a competir nas súas Ligas. Unha empresa para a que tiraron de listín telefónico coa axuda decidida da Asociación de Veciños de Vilaxoán.

Así naceu, lembra o desde hai catro anos xogador e delegado Jorge Soto, o Fortuna San Martín. Un club independente do que hoxe representa o lugar no fútbol afeccionado federado, e que integra no seu nome os dos dous equipos históricos de Vilaxoán, o primeiro desaparecido décadas ha.

Xunto a asociación veciñal, os pioneiros do Fortuna San Martín conseguiron reunir un bo fato de necesarios patrocinadores, pero tamén convencer non só a xogadores que coincidiran moito atrás nunha canteira do San Martín que inda se adestraba e xogaba no campo do Mundial 82, co Municipal de Vilaxoán sendo inda un simple anhelo. Ademais deuse embarcado a futbolistas que levaban varios anos sen xogar, e «incluso a gente, tres o cuatro, que no habían practicado nunca» o balompé, relata Jorge Soto, a fin de reunir un grupo amplo para competir dignamente.

E tan ben o fixeron, que arrincando desde a Sexta División enlazaron catro ascensos, culminados a pasada campaña co salto á Primeira logo de dous anos en Segunda. Unha viaxe meteórica na que o Fortuna foi quen de ir soltando lastre e desterrando a imaxe e a realidade dun equipo conflitivo que, recoñece o seu delegado, vía «problemas y expulsiones en todos los partidos, con sanciones constantes. Acabamos con todo ello hace unos cuatro años, con un régimen de sanciones internas, y echando a gente conflictiva».

Agora o Fortuna só disfruta do pracer de «una pachanga semanal», ampliando o seu plantel a xogadores doutros puntos de Arousa e despreocupado da súa condición de pechacancelas da Primeira. E sen o menor complexo á hora de lucir, por cuestións de patrocinio, o nome de Carril na camisola. Un detalle este que, desvela Soto, deu para «bastante cachondeo en Vilaxoán».