Agradecidos

Manuel Couceiro OPINIÓN

VILAGARCÍA DE AROUSA

08 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Parece que foi onte e xa van anos! Da Xunqueira (de Cee) á Xunqueira (de Vilagarcía). E aquí coñecín unha comunidade con identidade e moita complicidade entre as súas xentes. É a parroquia máis nova da comarca en idade canónica, pero xa moi madura en vida e participación, como o demostran a Pascua Xove (42.ª edición), os Airiños, os encontros de música relixiosa, as excursións parroquiais, o grupo de baile e gaitas (30 anos), as pascuas xudías, as festas patronais e as alfombras florais?.. E todo iso cun estilo acolledor e festivo. Aquí na Xunqueira -dicíame un fregués- é difícil non saír ledo e rindo, dá gusto vir a misa. Como canta Sabina que «os espellos non nos dean a razón» pero por aí arrecede compromiso e fraternidade, que é o principal; o demais por engadidura e contaxio.

Gústanos traballar en equipo e no Sínodo diocesano, gústannos os retos e os relatos de vida, gústannos as tradicións pero tamén a creatividade e o aggiornamento, ponnos mons. Óscar Romero. Gústannos o Papa Francisco e os misioneiros e por iso vale a pena seguir, porque en palabras do gran Benedetti «a vida é iso, continuar a viaxe, perseguir os teus soños, descontar o tempo, varrer os cascallos e destapar o ceo». ¡Oxalá!

 

 

Graciñas, don Jaime e don José.