Valga celebrará o 19 de xullo a Festa da Caza e do Rural Galego no parque Irmáns Mosquera
VALGA
A conmemoración acada a forma dun gran xantar popular e unha xornada de convivencia
07 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O municipio arousán de Valga ten o domingo, 19 de xullo, una cita coa tradición no parque Irmáns Dios Mosquera. Trátase da celebración da Festa da Caza e do Rural Galego, unha invitación á boa gastronomía e á mellor convivencia que se desenvolverá a través dun xantar popular a partir das 14.30 horas.
O menú da festa consistirá en petiscos de empanada, polbo á feira, xarrete de tenreira estufado con pataquiñas e acompañamento de verduriñas. Como sobremesa, torta de Santiago e café, ribeiro branco e tinto, cervexa, auga e refrescos coma bebidas na bodega.
O prezo do menú cífrase en corenta euros para os adultos e vinte para os nenos de cinco a doce anos. Para acceder ao xantar será obrigatoria a presentación de tiques, que poden ser adquiridos no café bar Hotel e no café bar Pardal, na propia Valga, na cafetería Ruta 66 de Portas, a Taberna Breixo de BArro e o bar Da Silva de Dodro.
Sorteo de agasallos
O servizo do xantar correrá a cargo de Valenciaga Cátering e, un anuncio importante para quen estea pensando en participar nel, haberá un importante sorteo de agasallos para todos os presentes.