O Concello de Valga organiza un concurso de microrrelatos

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Un acto organizado co gallo do Día das Letras Galegas do 2025.
Un acto organizado co gallo do Día das Letras Galegas do 2025. MARTINA MISER

É un dos actos que forman o programa das Letras Galegas

15 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Valga organiza a terceira edición do Concurso de Microrrelatos como parte da programación conmemorativa do Día das Letras Galegas, dedicado á narradora, novelista e xornalista Begoña Caamaño. Este certame, dirixido a estudantes de Educación Secundaria do IES de Valga, quere promover o uso da lingua galega no ámbito educativo, en concreto fomentar a lectura e a expresión e comprensión escrita da nosa lingua.A participación no concurso será individual e só se poderá presentar un microrrelato por persoa.