A comparsa Xardín Amatroulas e o grupo Fitipalas impuxéronse no desfile de entroido de Valga
VALGA

No evento participaron máis de trinta concursantes, chegados de Rois, Ordes, Negreira ou Brión
11 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O entorno do auditorio foi o escenario onde este domingo se despregou o grande desfile do entroido de Valga, que reuniu a máis de trinta participantes, cunha importante presenza de concursantes chegados dende outras localidades. O galardón á mellor comparsa de adultos foi para Xardín Amatroulas, de Laraño, mentres que o mellor grupo foi Fitipalas, de Valga.
En categoría infantil individual, os premiados foron A volta ao mundo, de Meis, a Panadería Belén, de Pontecesures, O tren de Varela, de Valga, e o Amigo dos paxaros, de Padrón. En parellas infantís, As fadas, de Valga, e Mini Grease, de Brión. En grupos infantís gañou Circus, de Rois, mentres que nas comparsas fixérono Os medios de transportes do CRA de Valga e Ochenteros, de Padrón.
En adulto individual, Non estaba morto, estaba de parranda, de Laraño, e O home do saco de Valga. En parellas adultos, Os máis cafeteiros, de Chapela, e A volta ao mundo, da Pobra do Caramiñal. En grupos de adultos, Fitipalas de Valga e Vou prender as picas, de Rois. En comparsas adultos, o Xardín Amatroulas de Laraño, Dando a nota, de Ordes, e Os pallasos da tele, de Negreira. Por último, o mellor disfrace de Valga foi parar, tamén, para os Fitipalas, que xogaban na casa.