Veciños de todas as idades comparten o magosto en Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Cedida

A festa do outono celebrouse no auditorio municipal con pan, rosca con chocolate e, sobre todo, con castañas

19 nov 2023 . Actualizado a las 12:03 h.

A festa por excelencia do outono, o magosto, reuniu o venres no auditorio municipal de Valga a veciños de todas as idades que participaron nas actividades gastronómicas e lúdicas organizadas polo Concello. Os máis cativos pasárono ben con obradoiros de elaboración de chapas, que eles mesmos pintaron. E, a partir das 18:30 horas, servíronse de xeito gratuíto chourizos con pan, rosca con chocolate e, por suposto, castañas para todas as persoas que acudiron á festa.

Non foi a única cita co magosto que se celebrou en Valga o venres, xa que pola mañá a comunidade educativa do CRA deuse cita en Campaña para degustar castaña asadas. Ademais, os alumnos das escolas de Campaña, Vilarello, Forno, Chenlo, Ferreirós e Xanza participaron en xogos tradicionais.