Os bacheleres valgueses de segundo despídense do instituto

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VALGA

Concello de Valga

O director do centro, Eliseu Mera, conminou aos exalumnos «a voar»

14 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Os alumnos de Segundo de Bacherelato do IES de Valga puxeron o pasado venres fin á súa etapa no instituto de maneira simbólica, cun acto de gradación no Auditorio do municipio.

Iris Blanco e Arón Magán exerceron de presentadores da gradación, na que o director do instituto, Eliseu Mera, se dirixiu aos inminentes exalumnos dicíndolles: «Neste tempo axudámosvos a conformar a vosa personalidade e a ter ideas sobre o que será o voso futuro. Agora chega o momento de voar».

Tamén falaron no acto os padriños da promoción, os mestres Loli Rego e Fran Odón, o alcalde de Valga, José María Bello, e en nome dos alumnos, Damián Bustelo e Alexandra Bandín. Alicia Iglesias recibiu o Premio Extraordinario de Ciencias Ángel Carracedo e Iris Barros e Sara Rodríguez o de Humanidades e Ciencias Sociais.