Valga publica as bases das axudas para as empresas afectadas polos peches do covid

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Martina Miser

Están dirixidos a autónomos e empresas con ata dez persoas contratadas

05 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Valga vén de facer públicas as bases que rexerán a concesión dunha nova remesa de axudas a sectores afectados pola pandemia da covid-19, coma a hostalería, o comercio, axencias de viaxes, ximnasios, servizos ou similares. Poden optar a estas axudas autónomos e pequenas e medianas empresas con ata dez persoas contratadas. A contía a repartir é de 17.109 euros, aportados a través do Plan Concellos pola Deputación provincial.

Os requisitos que deben cumprir os interesados son: que a actividade estivese pechada nalgún momento entre o 14 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021; que a actividade non estivera obrigada ao peche pero que tivese unha baixada de facturación de, a lo menos, o 35 %, e que a actividade económica se exerza en Valga. As bases poden consultarse na web municipal.