O Belén Artesanal de Valga abre o domingo

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Martina Miser

Será o momento no que todo o mundo poida descubrir as brincadeiras que, coma sempre, se fan á actualidade do ano neste fermoso proxecto de traballo comunitario

02 dic 2021 . Actualizado a las 15:01 h.

Hai unha chea de sinais de que o Nadal está a piques de chegar. Algunhas, claro, teñen máis fiabilidade que outras. Pero se o Concello de Valga anuncia que o Belén artesanal en movemento que cada ano elaboran os veciños desta localidade do Baixo Ulla vai abrir as súas portas, non hai dúbida de que as festas están á volta da esquina. A composición, na que a veciñanza bota moito tempo traballando, inaugurarase esta fin de semana. Concretamente, o domingo pola tarde, que será o momento no que todo o mundo poida descubrir as brincadeiras que, coma sempre, se fan á actualidade do ano neste fermoso proxecto de traballo comunitario, convertido en toda unha atracción.