Regina Grela, de Valga, celebra os 101 anos

La Voz VALGA

VALGA

Hoxe recibiu a visita do alcalde e dous concelleiros

27 jul 2021 . Actualizado a las 17:30 h.

Regina Grela Fernández, veciña de Coto (Campaña-Valga), celebra no día de hoxe o seu 101 aniversario. Como é costume cando os centenarios do concello cumpren anos, o alcalde, José María Bello Maneiro, visitouna no seu domicilio para felicitala. Nesta ocasión estivo acompañado polos concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo.

Os representantes municipais agasallárona, en nome de todos os valgueses, cun ramo de flores, unha torta e doces para celebrar esta data. Regina, que ten unha filla, catro netos e seis bisnetos e durante máis e 20 anos traballou na desaparecida fábrica de cerámica Novo y Sierra, recibiunos no porche, un espazo no que adoita pasar moito tempo, especialmente agora durante o verán.

Como é tradición, soprou as candeas. Aínda que a principal celebración do seu aniversario tivo lugar na fin de semana, cando se reuniu toda a familia. Iso si, mantendo as precaucións derivadas da pandemia. Había máis dun ano que non se xuntaban todos.

Regina Grela é a terceira veciña de máis idade de Valga, despois de María Bouzas, de Cerneira, con 105 anos e Hipólito Cerqueiras, de Moldes, que fai unhas semanas cumpreu 101.