O Concello de Valga retoma a Escola de Verán despois do parón pola pandemia

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

MONICA IRAGO

As actividades diríxense a nenos con idades comprendidas entre os catro e os catorce anos

15 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Valga volve a organizar a Escola de Verán como unha medida gratuíta e facilitadora da conciliación familiar e un espazo lúdico e formativo para os máis pequenos. As actividades diríxense a nenos empadroados en Valga con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos. Debido á situación sanitaria adoptaranse unha serie de medidas de prevención, polo que as prazas estarán limitadas a 30 por quenda e as actividades desenvolveranse nun espazo aberto como é o patio do colexio de Baño.

Segundo explica o Concello, haberá tres quendas: entre o 12 e o 30 de xullo, do 2 ao 20 de agosto e entre o 23 e o 31 de agosto. Terán preferencia á hora de cubrir as prazas familias nas que traballen os dous proxenitores, e as que sexan familia monoparentais. Tamén se priorizarán aqueles casos nos que haxa informe dos Servizos Sociais recomendando a participación no programa debido a necesidades sociais ou educativas. O prazo para anotarse estará aberto entre o 15 e o 25 de xuño. Os participantes realizarán xogos e propostas lúdicas, actividades sobre vida saúdable, contos e dinámicas, música e baile e roteiros, entre outras cousas. Fomentaranse valores baseados na igualdade e na concienciación dos rapaces para construír un mundo máis respectuoso, igualitario e xusto.