Limpeza dos ríos de Valga

As labores fanse nos treitos interurbanos dos ríos Valga, Louro e Regueiro


Valga

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Valga, Louro e Regueiro, no concello de Valga. Estes traballos estanse a desenvolver nos ríos Valga, ao seu paso polas parroquias de Xanzá e Valga; Louro, en Cordeiro; e Regueiro, en Campaña. As actuacións nestes ríos desenvólvense ao longo de treitos que suman unha lonxitude total de 3,5 quilómetros.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas. Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e as súas zonas de acceso e protección.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Limpeza dos ríos de Valga