Falece María Josefa Senín, unha das centenarias de Valga

La Voz VALGA

VALGA

Cedida

Era veciña de Setecoros eumpriu 102 anos o pasado setembro

16 feb 2021 . Actualizado a las 16:28 h.

O Concello de Valga expresou onte as súas condolencias polo falecemento, durante a pasada fin de semana, de María Josefa Senín Otero, a segunda veciña máis lonxeva de Valga despois de cumprir os 102 anos de idade. María Josefa Senín, veciña de Reguengo (Setecoros), cumpriu os 102 anos o pasado 3 de setembro, xornada na que recibiu a visita e o homenaxe do alcalde.