Cerca de seiscentas familias de Valga xa compostan os seus residuos orgánicos na casa

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

cedida

A posta en marcha deste sistema, impulsado pola Deputación en colaboración cos concellos, avanza na localidade cunha media de entre 25 e 30 composteiros entregados en cada xornada de reparto

22 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Valga, a través do Plan Revitaliza posto en marcha en colaboración coa Deputación, xa ten distribuído case seiscentos composteiros domésticos entre familias do municipio para a reciclaxe dos residuos orgánicos. A posta en marcha deste sistema máis sustentable de xestión dos biorresiduos está a ser un éxito e o interese xerado entre os valgueses, moi alto, cunha media de entre 25 e 30 composteiros entregados en cada xornada de reparto. Estas reunións, nas que tamén se ofrecen charlas para divulgar a compostaxe entre a poboación, estábanse a celebrar estes días na parroquia de Valga e tiñan previsto trasladarse en breve a Xanza, aínda que a situación da pandemia obrigou a cambiar de plans e a suspender varias das xuntanzas que estaban convocadas. Pídese ás persoas que estaban citadas para estes encontros que non acudan. En canto a situación mellore, retomarase o reparto de composteiros.

O que si comezará a vindeira semana son as visitas dos técnicos do Plan Revitaliza ás vivendas nas que xa dispoñen de composteiro para facer un seguimento. Nestas visitas realizarase unha revisión do traballo realizado ata ese momento no composteiro, comprobando a cantidade de residuos aportada e a temperatura acadada no proceso de compostaxe.