Tres alumnas de Valga gañan un concurso de carteis sobre vida saudable

La Voz VALGA

VALGA

Lidia, Diana e Antía cursan sexto no colexio Baño-Xanza

19 ene 2021 . Actualizado a las 16:22 h.

Un grupo formado por tres alumnas do CEIP plurilingüe Baño-Xanza (Valga) vén de proclamarse gañador da primeira edición do concurso de carteis e vídeos sobre o fomento de hábitos de vida saudables, organizado pola Unidade de Prevención de Condutas Aditivas dos concellos de Valga, Padrón, Dodro e Rois. Trátase de Lidia, Diana e Antía, alumnas de sexto A, que presentaron o mellor cartel entre un total de nove. O seu debuxo é unha proclama a favor da vida sa e trata aspectos coma o consumo de froitas e verduras, a necesidade dunha boa hixiene.