Un cambadés e unha valguesa gañan o premio Ferro Couselo

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

31 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O xurado do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo proclamou como gañadores da vixesimoprimeira edición ao cambadés Ramón Falcón Galiñanes e á valguesa Lucía Santiago Sanmiguel, que presentaron senllos traballos relacionados con dous elementos de importancia social, cultural e económica en Valga e na súa contorna: o río Ulla e a augardente. O premio está dotado con 4.000 euros.