Valga demanda da Xunta solo industrial e un camión contra incendios

O goberno local subliña que as súas empresas principals precisan ampliacións e terreo co que captar novos investimentos


valga / la voz

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, prosegue coa súa rolda de visitas polos municipios da provincia logo de tomar posesión no cargo hai uns meses e para coñecer as demandas de cada concello de primeira man. Onte estivo en Valga, onde foi recibida polo alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo.

O goberno local trasladoulle á responsable autonómica algunhas das necesidades do municipio e actuacións pendentes de execución. A principal demanda pasa pola creación de solo industrial que permita a implantación de novas empresas e a ampliación das actuais.

Bello tamén solicitou a colaboración da delegada para cuestións medioambientais relacionadas co punto limpo e o transporte do lixo e para conseguir un camión de extinción de lumes forestais e un tractor.

Equipamentos

Outro dos asuntos para os que pediu apoio da Xunta foron o equipamento do edificio de usos administrativos e o proxecto turístico e patrimonial de rehabilitación da Mina Porto Piñeiro.

Finalmente, en materia de infraestruturas, abordouse a posibilidade de completar a mellora da estrada autonómica PO-190 ao seu paso pola parroquia de Cordeiro.

A delegada territorial reafirmou a «máxima colaboración» do Goberno galego con Valga, na mesma liña e intensidade que nos últimos anos, comprometéndose a xestionar as solicitudes que lle trasladou o alcalde», segundo informan desde o propio Concello.

Próxima visita

Luisa Piñeiro destacou que a Xunta está a investir na actualidade máis dun millón de euros en Valga en proxectos coma a humanización do Parque Irmáns Dios Mosquera e nos dous obradoiros de emprego que acaban de ser concedidos a este concello.

Por último, a delegada territorial en Pontevedra anunciou unha nova visita a Valga nas vindeiras semanas para coñecer a fondo e sobre o terreo o estado dalgúns destes proxectos, así como para visitar o Belén Artesanal en Movemento, que se inaugura esta semana.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Valga demanda da Xunta solo industrial e un camión contra incendios