Valga amplía a campaña a prol do comercio cunha edición especial de Nadal

O Concello sorteará 500 euros en vales de compra coincidindo coa Lotaría de Nadal e coa do Neno


valga / la voz

Preocupado pola situación de incerteza que provoca a pandemia, e as súas consecuencias nos sectores máis sensibles da economía local, o Concello de Valga anuncia que ampliará a campaña de promoción Merca Valga cunha edición especial para este Nadal. O obxectivo da iniciativa é continuar incentivando as compras nos comercios da vila, nunha das épocas do ano no que o consumo é maior.

Entre os clientes das tendas e negocios adheridos á compaña distribuiranse papeletas numeradas para a realización de dous novos sorteos. Os premios consistirán en cincocentos euros en vales de compra. Os gañadores serán quen porten o boleto que coincida coas últimas catro cifras dos dous sorteos más sinalados das festas: o da Lotaría de Nadal, o 22 de decembre, e o do Neno, o 6 de xaneiro.

Os establecementos que xa están a participar na edición orixinal de Merca Valga consideraranse inscritos automaticamente nesta promoción de Nadal. Se algún deles quere darse de baixa, non ten máis que cubrir unha ficha e entregala nas oficinas do Concello. Admitiranse, ademais, aqueles comerciantes que non tomasen parte na campaña inicial. O prazo para presentar as solicitudes de incorporación remata o día 26, e os documentos, tanto o de alta coma o de baixa, pódense descargar na páxina web da institución municipal: www.valga.gal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Valga amplía a campaña a prol do comercio cunha edición especial de Nadal