Visita de luxo ao Centro Superior de Música de Valga

La Voz

VALGA

CEDIDA

Liina Leijala, unha das mellores violonchelistas do planeta, preparou a súa masterclass de decembro 

13 oct 2020 . Actualizado a las 22:42 h.

Considerada unha das mellores violonchelistas do mundo, a finlandesa Liina Leijala, directora da Baremboim-Said Fundation Center, visitou onte o Centro Superior de Música de Galicia, en Valga, para preparar a masterclass que lles impartirá aos seus 57 alumnos o 19 e 20 de decembro.