A Caravana Morada estará o día 27 no centro de saúde valgués

Calquera persoa interesada poderá asesorarse con especialistas en psicoloxía e técnicos en criminoloxía e igualdade


vilagarcía / la voz

A Caravana Morada, a iniciativa do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Salnés-Ulla Umia destinada á sensibilización en materia de igualdade e da loita contra as violencias machistas, estará o día 27 deste mes no centro de saúde de Valga.

De 9 a 14 horas, calquera persoa interesada poderá asesorarse con especialistas en psicoloxía e técnicos en criminoloxía e igualdade. Con eles colaborarán ese día profesionais do Centro de Información á Muller (CIM) da localidade do Baixo Ulla.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Caravana Morada estará o día 27 no centro de saúde valgués