Merca-Valga segue repartindo premios

A última gañadora é a veciña de Pontecesures Celia Bodaño


A campaña de apoio ao comercio local, Merca-Valga, xa coñece á súa terceira gañadora: Celia Bodaño, Pérez, veciña de Pontevalga, que resultou agraciada cun premio de 500 euros en vales de compra no sorteo correspondente ao pasado mes de setembro.

Ela era a portadora da papeleta co número 0520, correspondente ao primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional do día 26 de setembro. O boleto foi repartido na cafetería da Casa da Cultura de Valga.

Esta mañá o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez entregaron á gañadora os vales pola cantidade total de 500 euros que poderá gastar nos establecementos adheridos á campaña de promoción do comercio. O acto de entrega celebrouse na cafetería da Casa da Cultura, coa presenza tamén da responsable do local, Fina Castiñeiras.

Merca-Valga é unha iniciativa do Concello para incentivar as compras no comercio local e contribuír á reactivación da economía no municipio durante a pandemia da covid-19. Deu comezo no mes de xullo e continuará ata novembro, con sorteos mensuais de 500 euros.

Participan 73 establecementos de Valga, entre eles bares e restaurantes, negocios de alimentación, salóns de peiteado e estilismo, farmacias, carpinterías, estancos, estudos de fotografía, ferraxerías, droguerías, florerías, talleres, tendas de moda e fogar, mercerías, panaderías e pastelerías, taxis, logopedias, consultarías, negocios de xardinería e e produtos agrícolas, hoteis e establecementos deportivos, entre outros.

Ao realizar as súas compras, os clientes destes comercios reciben boletos numerados e o premio recae naquela papeleta que coincida coas catro últimas cifras do último sorteo da Lotaría Nacional de cada mes. Os próximos sorteos terán lugar o 31 de outubro e 28 de novembro. Para cada sorteo só son válidos os boletos entregados durante ese mes e ao seguinte iníciase un novo reparto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Merca-Valga segue repartindo premios