O auditorio de Valga segue este mes con actividades para nenos

La Voz

VALGA

Cedida

Logo de «Os contos da leiteira» chegará o día 23, «Brinca vai!»

08 oct 2020 . Actualizado a las 10:14 h.

A narradora Raquel Méndez conseguiu onte engaiolar aos nenos que asistiron ao obradoiro «Os contos da leiteira»,  na Casa da Cultura de Valga.

A actividade de animación á lectura, organizada polas bibliotecas municipais, reuniu a nenos de diferentes idades que, durante case unha hora, escoitaron historias sobre mulleres intrépidas e tímidas, loitadoras e soñadoras e sobre a condición feminina representada, ás veces, por animais que viven esas circunstancias. Na sesión de narración oral houbo contos de heroínas, de galiñas valentes ou galos fachendosos, moitas centradas na temática da igualdade e prevención da violencia de xénero.

Este obradoiro promoveuse no marco do programa “Ler conta moito”, da Rede de Bibliotecas de Galicia. Neste mes de outubro haberá unha nova actividade na biblioteca de Cordeiro. Será «Brinca vai!», unha sesión con cancións para toda a familia que axudarán aos nenos a descubrir as diversas apariencias que ten a lectura. Terá lugar o día 23 de outubro a partir das 18 horas con entrada de balde.