Tino Sánchez expón en Valga «Entre crenzas e vida»

La Voz

VALGA

cedida

A mostra pode visitarse no auditorio ata finais de mes

06 oct 2020 . Actualizado a las 20:19 h.

O artista padronés Agustín Sánchez Mallo, máis coñecido como Tino, expón dende comezos deste mes no auditorio municipal de Valga Entre crenzas e vida.

A mostra pictórica, de temática relixiosa, está composta por cadros realizados en acrílico sobre lenzo. Parte deles representan imaxes sagradas ou de culto coma a Virxe de Belén, Santa Tareixa de Xesús ou Abraham, entre outras. Estas mistúranse con retratos de persoas maiores ás que o autor quere render homenaxe coma sinónimo de vida.

Tino Sánchez é, dende pequeno, un gran afeccionado á pintura. Estudou Belas Artes na Escola Mestre Mateo de Santiago, onde aprendeu as técnicas pictóricas. Ten participado en concursos e non adoita facer exposicións, senón que traballa por encarga. De feito, a maioría dos cadros que poden verse no Auditorio foron realizados baixo pedido. A exposición permanecerá aberta ao público ata finais de outubro.