Os veciños de Valga volven rivalizar por vivir no lugar máis fermoso

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

MONICA IRAGO

O Concello convoca un ano máis o concurso «Embelecer Valga»

05 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello convoca un ano máis o concurso «Embelecer Valga», que pretende implicar á veciñanza no coidado e rehabilitación de espazos e zonas comúns do municipio para o seu posterior desfrute por parte de toda a poboación

O certame premia ao lugar máis fermoso acondicionado polos veciños dos diferentes núcleos, que deberán agruparse para levar a cabo accións consistentes na limpeza, mellora, dotación de equipamentos ou ornamentación.

Para participar teñen que crear unha comisión de carácter veciñal, asociativo ou de calquera outro tipo e entregar no Concello unha solicitude encabezada por un representante e asinada por un mínimo de tres persoas. Ademais, teñen que entregar unha pequena memoria descritiva das accións de mellora a desenvolver e os materiais que se estimen precisos, incluíndo fotografías que reflexen o estado actual do lugar no que se levarán a cabo as actuacións. O Concello será o encargado da dotación do material preciso e que sexa acordado por ambas partes.

O proxecto mellor valorado será premiado con 300 euros, o segundo recibirá 200 euros e o terceiro, 100 euros. Os tres primeiros clasificados recibirán tamén un trofeo e o resto de participantes serán gratificados con 100 euros e un diploma conmemorativo. 

 O prazo para presentar as solicitudes remata o día 15 de xullo.