Tres últimas clases maxistrais do Centro Superior de Valga

O pianista Alejandro Casquero pechará o ciclo falando da música negra do Século XX, tras as accións formativas de Cristóbal Soler e de Lorena Valero


Sábado 22 • Centro Superior de Música de Valga • O director de orquestra Cristóbal Soler e a soprano Lorena Valero impartiron a pasada semana dúas das tres últimas clases mestras que o Centro Superior de Música Galicia de Valga oferta neste seu primeiro curso académico. 

Cristóbal Soler, un dos directores máis importantes da súa xeración, director titular do Teatro da Zarzuela de Madrid durante parte da súa carreira e á fronte do concerto da última edición dos Premios Princesa de Asturias, contou con oito alumnos, cos que se centrou especialmente en traballar a xestualidade e o o movento no corpo. Lorena Valero, pola súa banda, tivo seis alumnas ao seu cargo. As seis gañáronse o seu visto bo á conclusión da actividade para participaren no concerto de ópera e de zarzuela que Soler dirixirá en xuño no Auditorio de Valga. A última clase mestra do CSM Galicia centraráse na música negra do Século XX, e será impartido este sábado polo pianista Alejandro Casquero.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Tres últimas clases maxistrais do Centro Superior de Valga