O Apalpador volverá visitar a comarca este Nadal

La Voz

VALGA

MONICA IRAGO

Esta actividade organízase por quinto ano consecutivo ao abeiro do programa «Nadal en Galego»

12 dic 2019 . Actualizado a las 21:30 h.

A Apalpadora e o Apalpador visitarán un ano máis a comarca, en concreto, os concellos de Vilagarcía, O Grove, Cambados, A Illa, Ribadumia, Valga e Catoira. A xira desta figura tradicional galega e a súa versión feminina comezará o 20 deste mes e finalizará o día de Fin de Ano levando a música, o baile e as anécdotas pola provincia.

Esta actividade organízase por quinto ano consecutivo ao abeiro do programa «Nadal en Galego». A deputada nacionalista de Lingua, María Ortega, destacou a importante transmisión de valores que realizan Apalpador e a Apalpadora en relación á transmisión oral do rural, á dinamización do idioma, á posta en valor do monte e o respecto polo medio ambiente, ao coidado do ecosistema e das especies autóctonas evitando os incendios, así como ao traballo transversal en materia de compostaxe, reciclaxe e hábitos saudables. As visitas estarán amenizadas con música, refráns, anécdotas e bailes, así como dun burro de madeira, que farán que nenos e maiores gocen dun momento de alegría e diversión.