Un novo médico se incorporou esta semana ao centro de saúde de Valga

La Voz VALGA

VALGA

MONICA IRAGO

O servizo pasa a ter cinco especialistas en medicina familiar

04 dic 2019 . Actualizado a las 20:30 h.

Dende comezos desta semana está a prestar servizo no centro de saúde de Valga o novo médico. Coa incorporación deste facultativo, os máis de seis mil pacientes do centro de saúde de Baño que superan os 14 anos de idade pasarán a contar con cinco especialistas en medicina familiar.

Deste xeito, a Consellería de Sanidade atende a demanda do goberno municipal, que pediu un reforzo dos servizos sanitarios. «Seguiremos realizando xestións e solicitando melloras. Aínda quedan algunhas demandas pendentes e esperamos que sexan tamén atendidas», indica o alcalde, José María Bello Maneiro. O ano pasado, lembra, xa se incorporara unha nova enfermeira e se produciran outras melloras coma a ampliación do calendario de extraccións para analíticas.