Atropelan a unha muller cruzando un paso de peóns en Cesures

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VALGA

MARTINA MISER

A accidentada foi traslada ao Hospital Clínico de Santiago consciente, pero doéndose da cabeza e da cadeira

13 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Dúas mulleres de avanzada idade, segundo informan a Policía Local de Pontecesures e o GES de Valga, víronse implicadas onte nun atropelo na localidade cesureña, cando arredor das 18.30 unha delas, codutora dun turismo, se incorporou á N-550 tras abrir o seu semáforo baixando a PO-214 que vén da Estrada. Nunha xornada de choiva, a ocupante do vehículo non tería visto no seu xiro á esquerda como a atropelada cruzaba o paso de peóns da nacional, que abre ao mesmo tempo. A accidentada foi trasladada consciente ao Hospital Clínico de Santiago doéndose da cabeza e da cadeira.