O Concello de Valga exercerá a acusación particular no caso do triplo asasinato machista

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

MARTINA MISER

A decisión foi tomada por unanimidade da corporación municipal

04 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A corporación municipal de Valga aprobou por unanimidade a personación do Concello no proceso xudicial aberto tralos asasinatos das veciñas Sandra e Alba Boquete Jamardo e María Elena Jamardo, acontecidos o pasado 17 de setembro. O acordo adoptouse no pleno celebrado o mércores, a proposta do equipo de goberno. O obxectivo é poder defender os intereses xerais da veciñanza e, en particular, da familia das tres mulleres asasinadas. Os servizos xurídicos do Concello solicitarán agora ante o Xulgado de Caldas de Reis, encargado da instrución do caso, poder tomar parte no proceso en calidade de acusación pública exercendo a acción popular.

Na mesma sesión foron aprobados, tamén por unanimidade, os festivos locais do 2020. Serán o luns 3 de febreiro, fSan Brais, e o venres 28 de agosto, coincidindo coa celebración dos Milagres.