O outono arranca con boa música no auditorio de Valga

Dúas corais, unha rondalla e unha polifónica actuará este sábado

La voz

A programación cultural do auditorio municipal de Valga para o mes de outubro dá comezo o sábado cunha nova edición do Festival de Outono, organizado pola Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro e no que participarán un total de catro agrupacións. Ademais do colectivo anfitrión, actuarán a Rondalla de Cariño, a Coral Abraira de Asados (Rianxo) e a Polifónica de Tapia de Casariego (Asturias). O concerto dará comezo ás 19 horas.

O domingo chegará o concerto Deriva, dentro do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta para promover actividades na antesala xacobea. A música contemporánea e o Camiño Portugués únense da man da galega Lula Romero, a suíza Katharina Rosenbergerica e a americana Victoria Cheah.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O outono arranca con boa música no auditorio de Valga