O Concello de Valga abre a matrícula para a escola de idiomas municipal

As clases nas que os alumnos poderán inscribirse son de inglés, francés e alemán


valga / la voz

A escola municipal de idiomas de Valga ten aberto o prazo para matricularse nas clases de inglés, francés e alemán, dirixidas a nenos e adultos, e que se impartirán no auditorio municipal durante o curso que agora empeza.

As cotas establecidas para adultos son de 39 euros ao mes para persoas empadroadas en Valga e de 44 euros para os demais. No tocante aos estudantes de primaria, secundaria e bacharelato, os prezos son de 35 euros ao mes para os empadroados no municipio e de 38 para os veciños doutras localidades.

Os interesados poden facer a súa reserva a través do correo electrónico, na dirección cdiwaterford@hotmail.com, ou entregando a folla de solicitude no auditorio. Tamén teñen á súa disposición os teléfonos 986 851 225 e 698 133 512 para aclarar calquera dúbida, segundo informa o Concello. As clases están a cargo do centro Waterford, que conta con profesorado especializado e é centro examinador oficial de Trinity College London e centro preparador de Cambridge University. No caso do francés, os matriculados na escola municipal poden prepararse para lograr os certificados expedidos pola Alianza Francesa, e no do alemá, polo Instituto Goethe.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O Concello de Valga abre a matrícula para a escola de idiomas municipal