A Xove banda de Valga e a Agrupación músico cultural de Ribadumia actúan no Gaiás

La Voz VILAGARCÍA

VALGA

Cedida

Este domingo celébrase o Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

14 jul 2019 . Actualizado a las 18:46 h.

A Cidade da Cultura de Galicia acolle este domingo a cuarta edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que preto de 600 músicos novos, de 13 formacións, interpretan os repertorios elixidos para a ocasión. Entre as agrupacións participantes atópanse a Xove Banda de Valga e a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia.

 O certame inclúe tamén un concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes pertencentes a 27 bandas e conservatorios da comunidade e dirixida por Xabier Oliveira Blanco ?director da banda A Lira de Ribadavia?. O encontro está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) en colaboración coa Xunta de Galicia.